Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activado o aviso amarelo por calor e treboadas en varios puntos de Galicia

Activado o aviso amarelo por calor e treboadas en varios puntos de Galicia

Ourense podería superar de novo os 38 graos, segundo Meteogalicia

As treboadas afectan sobre todo as montañas de Lugo e Ourense

 

G24.gal 13/06/2026 14:25 Última actualización 13/06/2026 15:10

Os avisos por calor abafante continuarán na xornada de hoxe pola maior parte de Galicia.  En Vimianzo, na Coruña, erguíanse con 31 graos nos termómetros, pero pouco menos acontecía en Cuntis, en Pontecaldelas ou en Lousame onde se superaban os trinta graos xa de mañá.

A previsión é que as temperaturas máximas sexan similares as do venres ou mesmo superiores en zonas puntuais.

"É demasiada calor para este tempo; é inusual, pero como pasei do frío á calor, estou encantada", recoñecen algúns dos paseantes que esta mañá soportaban a calor en Forcarei, en Lugo.

Segundo Meteogalicia, en Ourense prevese chegar aos 38 graos ao longo do día e no resto das principais cidades galegas superaranse os trinta graos. 

Pontevedra e Santiago de Compostela poderían marcar 34 graos, Vigo e Lugo 33 e A Coruña quedaría con trinta. Con esta situación, hai un aviso amarelo por altas temperaturas que abrangue o litoral norte da Coruña , o sur de Pontevedra e maior parte do interior de Galicia.

"Onte xa tocou de estar coas fiestras abertas e hoxe de momento aguantamos, pero irá a peor durante o día", comentaba un veciño.

"Penso que en Galicia temos un tempo marabilloso no que alternamos moitos meses de choiva e que veña este tempo así é unha bendición", asente un paseante.

Co paso das horas, as  altas temperaturas poderían abocar a tormentas localmente fortes polo serán  nas montañas de Lugo e Ourense e mesmo no sur lucense.

Diante deste episodio de  calor, a Xunta mantén unha alerta de nivel laranxa no interior das provincias de Pontevedra e da Coruña, que moitos combaten con mar ou con sombra.

"Metémonos na casa cando aperta e saímos pola fresca. De feito, onte pola noite estaban as terrazas cheas en Forcarei porque estábase magnificamente ben", conclúe unha residente na vila lucense. 

A situación cambiará lixeiramente cara ao o domingo, coa aparición de treboadas no interior do país que farán diminuír lixeiramente as temperaturas máximas, aínda que para Ourense seguen esperándose 35 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade