Publicador de contidos

Publicador de contidos

Publícase un decálogo de boas prácticas para conservar a ameazada píllara das dunas

Publícase un decálogo de boas prácticas para conservar a ameazada píllara das dunas

Entre as medidas, figuran o uso dos pasos sinalizados, non deixar lixo nos areais e evitar levar mascotas

Unha píllara no seu niño
Félix Aragunde 27/06/2025 20:44

A Mancomunidade de Municipios da Mariña fixo público un decálogo de boas prácticas para axudar a preservar os hábitats naturais das praias. En concreto, para conservar a píllara das dunas, unha ave que aniña nos areais e que se encontra en perigo crítico de extinción. Entre as medidas, figuran o uso dos pasos sinalizados, non deixar lixo e evitar levar mascotas.

"Se ves un paxaro, non molestalo. Durante o período de nidificación, non acudir con animais á praia. Ademais, está expresamente prohibido na Rapadoira a partir do 15 de marzo", sinala o alcalde de Foz, Fran Cajoto. 

Ademais de estaren protexidas as poboacións de píllaras nas praias focegas da Rapadoira e da Pampillosa, a ave tamén nidifica na duna barreirega de Altar. Incumprir estas medidas pode implicar unha sanción de ata 700 euros.

Por se fose pouco, a píllara das dunas conta ademais cun plan de conservación en Galicia aprobado xa hai unha década.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade