Publicador de contidos

Publicador de contidos

No verán hai que protexer os ollos do sol con lentes homologadas

No verán hai que protexer os ollos do sol con lentes homologadas

As lentes de sol teñen que ter filtros con protección ultravioleta

Hai que usalas polo menos desde as doce da mañá ás cinco da tarde

 

G24.gal 28/06/2025 14:45

Co sol non só hai que protexer a pel tamén hai que protexer os ollos. Segundo o Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia, é fundamental extremar a protección da vista, principalmente nas horas de máxima exposición solar: desde as doce da mañá ás cinco ou seis da tarde, sempre que se fagan actividades na praia, no mar, incluso se hai nebulosidade porque parte da radiación ultravioleta traspasa a barreira das nubes.

"As lentes de sol teñen que cumprir unha normativa, teñen que estar homologadas, levar o selo CE. Teñen que bloquear a radiación ultravioleta B e A. O ideal é que bloqueen o 99 ou 100 por cento da ultravioleta B e polo menos o 96 ou 97 por cento da ultravioleta A", di Bernardino Uhía Martínez, delegado na provincia da Coruña do Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia.

Cando mercamos unhas lentes de sol o máis importante non é que sexan bonitas ou que nos queden ben. O fundamental é que sexan homologadas. Que unhas lentes sexan escuras non quere dicir que teñan filtro ultravioleta.

Os expertos insisten en que se os cristais das lentes de sol que utilizamos non cumpren a normativa e carecen dos filtros de protección ultravioleta é mellor non usar nada.

"Que pasa se levamos unha lente de sol que non ten os filtros ultravioleta, pois que como a lente é escura, nós podemos abrir o ollo, nós deixamos o globo ocular á exposición e a pupila dilátase, aumenta de tamaño, co cal éntranos a ultravioleta á retina porque esa lente de sol non filtra. É mellor non levar nada que levar unha lente de sol mala", engade.

Desde esta entidade recomendan mercar as lentes de calidade en establecementos especializados.

"En calquera óptica hai lentes, vas atopalas con filtro ultravioleta a prezos moi razoables sen ter que ir a un bazar ou a unha feira", destaca.

Os profesionais lembran que hai lentes de contacto que tamén teñen filtro ultravioleta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade