Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mariña escapa da vaga de calor e conserva a temperatura habitual, moi valorada polos visitantes

A Mariña escapa da vaga de calor e conserva a temperatura habitual, moi valorada polos visitantes

Lonxe de verse afectado polo calor extremo destes días, o litoral lucense se mantén en torno aos 23 graos grazas ao efecto do vento do nordés, frecuente nesta zona

G24.gal 28/06/2025 14:40

O tempo na Mariña non é un obstáculo para pasar o verán. Comenta un visitante que "o tempo nos encanta: 21 graos, mentres que en Madrid, hai 36 ou 37".

Os que son de máis preto tamén valoran a zona pola súa temperatura.  Así o manifesta un veciño de Mondoñedo: "hoxe todo o mundo cocéndose e mira nós coma estamos".

O episodio de calor que afecta estes días o país ten a súa excepción na Mariña. É o que comenta o  residente en Mondoñedo, "tanto Viveiro, como Ribadeo, Foz, Burela... ten este clima; para aí nas montañas e se está fresquito".

De aí que os visitantes valoren o clima da zona. É o que expresan varios turistas de Madrid, Valencia e San Sebastián, que coinciden en sinalar que "aquí fai fresquiño e se está a gusto; é relaxante e se pode andar sen calor; esta é unha temperatura estupenda e a auga tamén está moi boa; nos gusta todo, hai que pensar en vir vivir aquí".

Son días coma estes nos que máis se aprecia a temperatura morna da Mariña, que resulta agradable sen ser moi alta. É pola influencia dos ventos do nordés, que converten a zona nun refuxio climático cada vez máis apreciado

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade