Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector ferroviario concéntrase diante do Ministerio e pide máis persoal e máis investimento

O sector ferroviario concéntrase diante do Ministerio e pide máis persoal e máis investimento

Maquinistas din que "o investimento destinouse a construír novas liñas e agora debe incrementarse o investimento en mantemento"

G24.gal 03/02/2026 14:23

Os sindicatos mostran a súa preocupación polo que está a pasar coa rede ferroviaria, unha preocupación que se acentuou tralo accidente de Adamuz e a incidencias en Rodalies. Consideran que é fundamental aumentar o investimento, que se deben incrementar as medidas de seguridade nunha rede que experimentou unha maior actividade nos últimos anos coa liberalización dos servizos.

Con todo, lanzan unha mensaxe de tranquilidade:  os trens son seguros en España. Pero entenden que se deben sacar conclusións: "O sistema non está en condicións óptimas", asegura Pepa Páez, de Comisións Obreiras.

Advirten da necesidade de máis persoal que permita acabar coa externalización, por exemplo, dos talleres. E que o incremento do número de servizos e de viaxeiros debe levar parello un maior mantemento. Diego Martín, secretario xeral do sindicato de maquinistas conta que "o investimento destinouse a construír novas liñas e agora debe incrementarse o investimento en mantemento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade