Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Puente comparece no Congreso polo accidente de Adamuz

Óscar Puente comparece no Congreso polo accidente de Adamuz

A Mesa da Comisión do Transporte acordou a súa comparecencia

O ministro de Transportes terá que dar conta tamén do sinistro de Gelida e da situación de Rodalies

O sector ferroviario concéntrase diante do Ministerio e pide máis persoal e máis investimento

directo O ministro compareceu o 29 de xaneiro no Senado. Europa Press.
G24.gal 03/02/2026 15:20 Última actualización 03/02/2026 15:38

A Mesa da Comisión do Transportes do Congreso acordou formalmente que o ministro Óscar Puente compareza hoxe martes, ás 16:00 horas, para informar do accidente ferroviario de Adamuz e os incidentes en Rodalies de Cataluña, agravados polo accidente de Gelida.

A desta tarde na Comisión de Transportes do Congreso será a segunda comparecencia parlamentaria de Puente en cinco días, despois da que protagonizou o pasado 29 de xaneiro ante o pleno do Senado, onde asegurou que non vai dimitir e que o sistema ferroviario en España é "moi seguro", cun risco "próximo a cero".

Previsiblemente, como xa fixeron no Senado, o PP, Vox e Junts esixirán esta tarde a dimisión do ministro, como responsable político último dos accidentes ferroviarios de Adamuz e Gelida e do "fracaso" na xestión do mantemento do sistema ferroviario en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade