Cargando resultados...
A Ribeira Sacra apura a candidatura a Patrimonio Mundial da UNESCO
O conselleiro de cultura mantivo unha reunión en París con representantes da UNESCO
A decisión final tomarase no mes de xullo en Corea do Sur
G24.gal
03/02/2026 14:07
A Xunta intensifica a estratexia para conseguir que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial da Unesco.
O conselleiro de Cultura mantivo en París unha reunión co subdirector de cultura da UNESCO e co embaixador español ante este organismo.
López Campos destacou a madurez desta candidatura baseada nos "atributos excepcionais e únicos" deste territorio, que abarca 26 concellos das provincias de Lugo e Ourense.
A decisión final tomarase no mes de xullo en Corea do Sur.