Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mariña, refuxio climático

A Mariña, refuxio climático

A costa luguesa está a salvo dos grandes temporais e das temperaturas extremas

G24.gal 07/11/2025 13:04

Nos últimos temporais demostrouse unha vez máis que a costa de Lugo é unha especie de refuxio climático, que vai ao revés do resto de Galicia. Buscamos o segredo do clima temperado da costa luguesa.

As imaxes e os datos falan por si sós. Mentres na maior parte do país a chuvia intensa e o vento forte provocaba ducias de incidencias, durante os últimos temporais do outono, na Mariña luguesa a situación era estoutra. Un oasis climático do que os seus veciños fachendean. Non é un fenómeno puntual. 

No verán, pola contra, cando predomina o anticiclón e o vento do nordés entra pola Costa de Lugo, a serra do Xistral fai de barreira natural e as temperaturas na Mariña son máis mornas que no resto de Galicia. Prodúcense as clásicas nubes de estancamento que reducen a irradiación solar, as temperaturas son máis baixas e mesmo orballa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade