Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos ao chocar a súa embarcación cunha batea na Illa de Arousa

Dous feridos ao chocar a súa embarcación cunha batea na Illa de Arousa

Tiveron que ser evacuados ao hospital do Salnés

Imaxe de arquivo de bateas na Illa de Arousa Imaxe de arquivo de bateas na Illa de Arousa
G24.gal 29/06/2025 09:27

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital do Salnés logo de sufriren un accidente na Illa de Arousa.

Ás 21:50 horas deste sábado, un dos implicados chamou ao 112 Galicia, explicando que unha menor resultara ferida na cabeza. Navegaban a bordo dunha embarcación de recreo cando chocaron contra unha batea fronte a Punta Cabalo, na Illa de Arousa.

Nada máis recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia e Garda Civil.

Pouco despois, desde Salvamento Marítimo informaron de que estaba mobilizada unha das súas embarcacións. Por parte do Servizo de Gardacostas de Galicia tamén se enviou o helicóptero de rescate Pesca I.

Con todo, foi unha embarcación aduaneira a que recolleu finalmente tres dos afectados e os levou a terra, tras o cal dous deles foron evacuados ao hospital do Salnés.

 

Salvamento Marítimo fíxose cargo de remolcar a embarcación ata Vilanova de Arousa, xunto cunha última persoa que agardara no seu interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade