Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o programa Encoro Aventuras, que permite descubrir lugares afectados por presas

Comeza o programa Encoro Aventuras, que permite descubrir lugares afectados por presas

A iniciativa inclúe actividades participativas coma música, astronomía ou enoturismo, como outra forma de coñecer enclaves de interese non tan populares desde o punto de vista turístico

G24.gal 28/06/2025 21:13

A primeira visita é á igrexa de Portomarín, que se salvou do encoro porque se trasladou pedra a pedra ata o actual emprazamento. Pero hai datos menos coñecidos sobre este templo. O guía Pablo Conde informa, entre outros datos, de que "ata non fai moito tempo se falaba que a única igrexa de mármore estaba no Incio e esta tamén é unha igrexa de mármore".

Promover a historia de lugares coma este é o obxectivo da inicativa lúdica Encoro Aventura. O explica a guía Cristina Collazo, que o programa xurde coa idea de "desestacionalizar o turismo e realizar actividades arredor do territorio dos encoros durante todo o ano e vai haber actividades culturais, enoturismo, gastronomía, astronomía, rutas en bicicleta, sendeirismo..."

A xuntanza inclúe un concerto ao aire libre e unha degustación. Só hai que inscribirse previamente para participar. Os desta primeira xornada están encantados coa iniciativa. Así o manifesta unha veciña do lugar, que asegura que lle gusta "informarse e estar actualizada". Outra confesa que sobre a igrexa de San Nicolás sabía que tiña forma de fortaleza "pero os detalles da decoración que explicou o guía non os coñecía".

Tamén haberá actividades ata o 15 de xullo no entorno dos encoros de Santo Estevo, Os Peares, Belesar e Grandas de Salime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade