Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña conmemora o 16º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial

A Coruña conmemora o 16º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial

O Concello deseñou un programa cultural que inclúe recreacións, rutas teatralizadas e teatro

G24.gal 28/06/2025 21:11

Pasaron dezaseis anos desde que a Torre de Hércules foi recoñecida pola Unesco como Patrimonio Mundial. A Coruña celébrao esta fin de semana con actividades culturais que nos devolven ao pasado romano.

Un minutos antes das seis e media da tarde do vinte e sete de xuño de 2009, o faro romano era declarado Patrimonio Mundial. Desde hai máis de dous mil anos a súa luz guía os navegantes.

"Temos algo único, o faro romano mellor conservado que segue en funcionamento. En Alexandría pagarían por ter media Torre de Hércules", opina Adrián Rodríguez, presidente da asociación Gallaecia Viva.

A pegada da torre é visible na arte, na literatura e nos mapas. A súa historia recréase nunha ruta teatralizada dirixida pola lendaria Crunia, a primeira habitante da cidade.  É unha das actividades programadas para conmemorar o décimo sexto aniversario do recoñecemento da Unesco.

"Cremos que é importante contar a historia e revivir a cultura e os valores clásicos. Tamén protexer e coñecer o noso patrimonio", asegura Lucía Abuín, da compañía teatral Noite Bohemia.

Un campamento de época recrea a sociedade civil e militar romana a través de xogos, talleres e combates de gladiadores. O aniversario tamén se celebrou con comedia latina. Co Anfitrión, de Plauto, representada por Corzo Produccións, as risadas estaban asegurada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade