Éxito total dun Resurrection que trouxo a Viveiro 120.000 persoas en catro días
O festival celebra o vixésimo aniversario deixando na Mariña uns 20 millóns de euros
Remata esta noite a vixésima edición do Resurrection Fest, un evento que trouxo a Viveiro máis de 100 bandas de música rock, punk, heavy e hardcore, un festival que conseguiu que este ano pasasen polo despacho de billetes 120.000 persoas en catro días, co que iso supón para a cultura, a sociedade e a economía da zona, xa que se estima que o Resu xera entre 18 e 20 millóns de euros.
Nesta vixésimo edición do festival viñeron persoas de 40 países diferentes, interesadas en participar nun evento do que, ademais da boa música, vívese "moi bo ambiente", "moi bo rollo" e no que os asistentes se senten "acollidos", segundo nos comentaron.
Pero detrás de tanta maxia, para facela posible, hai moito traballo. O responsable de prensa do festival, Esteban Girón, asegurounos que "hai un grande equipo de xente traballando 361 xornadas ao ano para que os que veñen vivan os seus catro mellores días".