Cos 120.000 asistentes do 'Resurrection' chega a revolución á Mariña
Estímase que o festival traerá un retorno entre os 18 e os 20 millóns de euros
Remata esta noite do sábado o Resurrection Fest, un festival que conseguiu traer a Viveiro máis de 120.000 persoas para participar nun evento que supón unha cita irrenunciable para os amantes da música heavy, punk, rock e hardcore.
Trátase da vixésima edición dun evento que comezou congregando a 1.500 persoas e que cada ano foi medrando notablemente, un festival que deixa un benefico económico este ano que se pode achegar ata os vinte millóns de euros e que impulsa a economía local a través do gasto que se fai en aloxamentos, transporte e outros servizos.
Ademais, segundo comenta Esteban Girón, o responsable de prensa do festival, "en cada un dos asistentes hai un embaixador da Mariña e de Galicia", xa que mesmo "houbo quen coñeceu Viveiro polo festival e despois acabou vindo vivir a esta zona". Cómpre ter en conta que os asistentes ao evento proceden de corenta países diferentes.
Ademais, con esta celebración créanse 1.500 postos de traballo directos, tanto na organización do evento como na súa execución.