Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marilyn Manson, Iron Maiden e Limp Bizkit, primeiros cabezas de cartel do Resu

Marilyn Manson, Iron Maiden e Limp Bizkit, primeiros cabezas de cartel do Resu

“Este ano o cartel promete máis que nunca, e isto só é o comezo”, precisan na nota, pois “podemos ir facéndonos á idea de que será unha das edicións máis épicas da nosa historia”, din os seus promotores

G24.gal 23/09/2025 13:20

Os promotores do Resurrection Fest, un dos festivais de música metal e hardcore máis importantes de España, anunciaron a través do seu perfil en redes sociais que Limp Bizkit, Iron Maiden e Marilyn Manson serán cabeza de cartel na edición do próximo ano, que volverá celebrarse na localidade lucense de Viveiro entre os días 1 e 4 de xullo.

“Comprácenos poder anunciar os primeiros artistas que estarán nesta nova edición do Resurrection Fest Estrela Galicia 2026”, subliñan nese comunicado, dado que o festival contará con “tres grandes cabezas de cartel como son Iron Maiden e a súa xira especial 'Run For Your Lives', con todos os seus éxitos; Limp Bizkit e o seu regreso tras 14 anos a España como unha das bandas máis pedidas, e, ademais agora, súmase o reverendo Marilyn Manson”.

Á parte, incorpóranse ao cartel grandes nomes do metalcore como Trivium, Imminence, Thrown ou Caliban; o revival do nu metal con P.O.D.; a sensación do metal extremo de Blood Incantation e os irmáns Cavalera, cun show moi especial tocando o disco de Sepultura Chaos A.D.

Tamén volverá ao festival unha banda de culto como é Converge, verase a estrea dos alemáns Feuerschwanz, co seu divertido directo para pechar unha das noites do Main Stage; será posible gozar co rock psicodélico de The Vintage Caravan e o hardcore de House of Protection ou Get The Shot poñerán a carpa do Chaos Stage "patas para arriba”.

“Este ano o cartel promete máis que nunca, e isto só é o comezo”, precisan na nota, pois “podemos ir facéndonos á idea de que será unha das edicións máis épicas da nosa historia”.

Os novos abonos do festival poñeranse á venda o vindeiro martes, 30 de setembro -ás 13:00 horas-.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar