Morre un bañista en Nigrán tras ser rescatado do mar
Persoal sanitario desprazouse ata o areal de Praia América, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida

Unha persoa faleceu tras ser rescatada do mar en Nigrán, na provincia de Pontevedra, por un particular que avisou aos servizos de emerxencia para reportar o sucedido.
Sobre as 22.30 horas deste sábado, 112 Galicia recibiu o aviso dunha persoa tendida na area da Praia América, na Ramallosa (Nigrán), que fora sacada da auga momentos antes.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa que faleceu logo de que a sacaran do mar en Nigrán.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 28, 2025
📍 Praia América.
➡️ Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
🔗 https://t.co/GPB4Fx6hOo pic.twitter.com/QRWnwkHdJz
Ao lugar acudiron profesionais do Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local de Nigrán que unha vez alí só puideron confirmar a morte do bañista. Igualmente, informouse a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.