Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Pontevedra .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Pontevedra .

Pontevedra

Imaxe de arquivo da Audiencia de Pontevedra

Cinco anos de prisión por incendiar un hórreo en Pontevedra para matar un home que durmía dentro

17/01/2025 17:21

Tamén terá a prohibición de achegarse a menos de 150 metros da vítima durante 7 anos

O home que durmía dentro logrou saír cando a edificación empezou a arder


Imaxe de arquivo dun pleno no Concello de Pontevedra

Acordo entre BNG e PSOE para aprobar os orzamentos de Pontevedra por 98,6 millóns

17/01/2025 16:43

O documento xirará arredor de catro eixes: a adaptación ao cambio climático, a mellora da calidade de vida, a promoción da cidade e o mantemento de espazos públicos

Lores: "Nestes 25 anos, se esta cidade avanzou foi porque tivemos o apoio do PSOE, estivese no goberno ou non"

Puentes sobre a capacidade de poñerse de acordo: "É o mellor que pode haber en política"


Beatriz Ciscar/Europa Press

Cerdedo-Cotobade decreta tres días de loito pola morte da muller agredida polo seu fillo

17/01/2025 11:11

A vítima permanecía ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo debido aos golpes propinados polo fillo

O home, de 46 anos e veciño de Barro, foi detido por un delito de tentativa de homicidio e trasladado á unidade de psiquiatría do Hospital Montecelo de Pontevedra


A vivenda, en Cerdedo-Cotobade

Falece a muller de Cerdedo-Cotobade vítima dunha malleira por parte do seu fillo

16/01/2025 20:19

Levaba ingresada en estado crítico desde o pasado 4 de xaneiro

O agresor foi o seu fillo, un home de 46 anos que continúa ingresado na área de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra


Aceptan dous anos de cárcere por estafar inquilinos a través de contratos de alugueiro de piso

16/01/2025 15:07

Tamén cobrarían un sinal de 800 euros para un alugueiro turístico sen que a dona do inmoble estivese de acordo coas condicións quedando con esa cantidade


Un delincuente reincidente ataca cun ácido a caixeira dun supermercado

16/01/2025 14:19

A empregada defendeu a caixa e o ladrón marchou cunhas follas de bacallau e unhas botellas de ron

O asaltante é un veciño de Vilagarcía, de 59 anos, que xa estaba fichado por roubos similares


Droga e material intervido (Garda Civil)

Detido un veciño de Cuntis que transportaba dous quilos de haxix nunha furgoneta

16/01/2025 13:19

Está sendo investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública


Detido un galego en relación co alixo de 1.100 quilos de cocaína interceptado en Vilanova

16/01/2025 09:36

Con el son oito os arrestados nesta operación desenvolvida conxuntamente pola Policía Nacional e a Garda Civil

Prisión provisional para os sete albaneses detidos e o galego arrestado queda en liberdade con medidas cautelares


Pontevedra, centrada co seu equipo na Copa do Rei

15/01/2025 14:14

Algún retardado aínda mercaba esta mañá un dos poucos billetes que quedaban, porque ninguén quere perder esta cita histórica

Desde primeira hora os locais de hostalaría prepáranse para recibir na previa milleiros de afeccionados



Atopan o coche das vítimas do roubo violento en Meis que os asaltantes usaron na fuxida

15/01/2025 10:25

A parella, que foi brutalmente agredida, xa recibiu a alta hospitalaria 

A Garda Civil mantén o amplo dispositivo para dar cos autores do asalto

Etiquetas:  ROUBOS   ASALTO

Un home confesa a uns axentes en Vigo que cometera un roubo o día antes

15/01/2025 09:38

O detido admitiu que se entregara porque non quería seguir coa delincuencia, que tiña varias causas xudiciais pendentes e que desexaba ingresar en prisión


Amplo dispositivo na Arousa para dar cos violentos asaltantes dunha parella en Meis

14/01/2025 20:42

Pistola en man, atáronos, golpearonos e regaron con gasolina a muller

A parella xa recibiu a alta no hospital, pero barallan non volver á súa casa

A violencia extrema utilizada non ten precedentes nos roubos de vivendas na provincia

Categorías:  Meis   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  ATRACO

Dous axentes da Garda Civil no lugar onde unha parella foi asaltada este martes por tres encapuchados en Meis (Elena Fernández / Europa Press)

Tres encapuchados atracan unha parella en Meis pistola en man e bótanlle gasolina

14/01/2025 10:35

O suceso, "de extrema violencia", produciuse de madrugada, cando a parella saía da súa casa camiño do traballo

A Garda Civil busca os asaltantes en toda a comarca da Arousa


José Carlos Eirín, condenado polo asasinato de Jéssica Méndez, na vista de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) (M. Dylan/Europa Press)

Eirín recorre a súa condena polo crime de Jéssica Méndez: "O máis probable é que quedase durmido"

13/01/2025 13:24

O condenado nega a intención de matar e pide a absolución


Rubiáns pon de novo en valor o cultivo das camelias

12/01/2025 20:46

A parroquia de Rubiáns, en Vilagarcía, recupera despois de varios anos a súa exposición



Un dos numerosos foios no camiño do Bispo, en Pontevedra, nunha imaxe deste venres

En Campañó piden a acción do Goberno de Pontevedra para acabar coas fochancas dunha estrada

10/01/2025 14:14

O camiño de acceso e saída do Bispo e Soutonovo ten tramos onde é imposible zafar as catro rodas das fochas


Pontevedra-Xetafe, Ourense C.F.-Valencia e Real Madrid-Celta en oitavos da Copa do Rei

07/01/2025 22:05

As eliminatorias serán o 14, 15 e 16 deste mes de xaneiro a partido único

A novidade será a entrada do VAR, ausente nas tres primeiras eliminatorias


Trasladada á unidade de queimados do CHUAC a muller atacada polo seu fillo en Mos

07/01/2025 15:41

A gravidade das feridas da muller levou a tomar a decisión do seu traslado

Tamén continúa no hospital vigués a veciña de 79 anos no municipio Cerdedo-Cotobade que foi agredida polo seu fillo de 46 anos na tarde do pasado xoves


A segunda etapa do Gran Camiño será desde Marín ata A Estrada

07/01/2025 12:43

Esta mañá presentouse en sociedade coa presenza de Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso e o moañés Delio Fernández


Estado en que quedou o vehículo contra o que colidiu o motorista falecido en Vilagarcía (EFE / Sxenick)

Falece un motorista de 37 anos tras bater contra un taxi en Vilagarcía

06/01/2025 22:33

A vítima era un repartidor de comida a domicilio 


Jessica Bouzas non pode con Carle e cae en primeira rolda de Hobart

06/01/2025 12:16

A tenista galega plantou cara ante a arxentina, pero tras igualar o partido no segundo set, foise abaixo no terceiro, onde Carle foi moi superior


Imaxe cedida polo Faro de Vigo

Un home de 55 anos falece ao bater o seu coche contra outro en Vilagarcía

04/01/2025 05:16

O coche saíu da vía e chocou contra outro vehículo que estaba estacionado

Outras dúas persoas quedaron feridas e foron trasladadas ao hospital do Salnés


O camarón, un manxar cada vez máis escaso

03/01/2025 15:23

En 2024 tan só se poxaron 32 toneladas nas lonxas galegas, fronte ás 90 de antes da pandemia.

Na Arousa, un plan experimental permite poñer as nasas de camarón nas bateas


Lugar onde tivo lugar o atropelo (Emerxencias Cambados)

Ferida grave unha muller de 45 anos ao ser atropelada en Cambados

03/01/2025 12:07

A ferida foi evacuada ao Hospital do Salnés en ambulancia cunha fractura de ambas as pernas e un traumatismo cranioencefálico


Detido un home en Cerdedo-Cotobade por mallar brutalmente a súa nai, de 79 anos

03/01/2025 09:55

O agresor está investigado por un delito de homicidio en grao de tentativa

A vítima permanece ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en estado crítico debido aos golpes propinados presuntamente polo seu fillo

O detido, de 46 anos, foi hospitalizado na unidade de psiquiatría do Hospital Provincial de Pontevedra


O Pontevedra soña con outra sorpresa na Copa ante o Mallorca

02/01/2025 15:16

Os galegos teñen contas pendentes desde hai dous anos, cando en dezaseisavos de final do torneo copeiro tiveron contra as cordas o conxunto vermellón


Reaviva de madrugada o incendio dun edificio en Bueu

02/01/2025 14:07

O alcalde e a aparelladora visitaron este xoves o edificio, e axiña haberá avaliación de danos


Un incendio obriga a desaloxar cinco persoas dun edificio de vivendas en Bueu

01/01/2025 14:36

Tres persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume e na extinción participaron bombeiros do morrazo, Sanxenxo, Vilagarcía e Pontevedra

A intensa fumareda podíase ver dende distintos puntos da contorna

Etiquetas:  INCENDIO

Arde unha casa en Vilagarcía que levaba anos ocupada

01/01/2025 14:28

A veciñanza cre que os ocupas volveron entrar, malia o precinto policial e o estado de ruindade

Levan anos de denuncias pola conflitividade e advertindo do estado ruinoso da vivenda


Mauro Estévez, o primeiro galego nado en 2025

01/01/2025 09:58

O pequeno naceu no hospital de Pontevedra cando pasaban 17 minutos do novo ano


Vilagarcía celebra o 2025 coas badaladas do mediodía

31/12/2024 15:08

Os populares Mozos da Arousa foron os encargados de darlle a benvida ao ano


A parella ferida no incendio dunha casa en Cuntis segue no hospital en estado grave

29/12/2024 20:48

A filla de ambos os dous, un bebé de poucos días, saíu ilesa

O lume comezou na cociña e puido deberse á explosión dun radiador


Feridos de gravidade unha parella e o seu bebé de dez días tras incendiarse a súa casa en Cuntis

28/12/2024 19:09

A parella, con queimaduras moi graves, foi trasladada en helicóptero medicalizado ao Hospital da Coruña

O bebé, de dez días, con prognóstico reservado, non ten queimaduras e foi trasladado á Unidade de Pediatría do Hospital de Santiago


Continúan as pescudas sobre o tractor e a lancha atopadas en Vilanova

27/12/2024 14:37

O delegado do Goberno valora as actuacións das forzas de seguridade

As hipóteses sobre o tractor e a lancha apuntan a unha descarga de droga

A Garda Civil continúa coa investigación dos feitos


Abre ao tráfico o primeiro tramo da A-57 tras nove anos de obras

27/12/2024 09:19

As obras deste primeiro tramo, de apenas seis quilómetros, inauguráronse cinco anos máis tarde do previsto e tras un investimento de 79,4 millóns de euros


Investigan unha descarga frustrada de droga en Vilanova durante a Noiteboa

26/12/2024 19:44

Atopan unha planadora e un tractor abandonados preto do peirao de Rego do Alcalde

Uns mariscadores alertaron do achado na tarde do 24


Investigan a posible relación co narcotráfico dunha lancha con tres motores e un tractor localizados en Vilanova

26/12/2024 13:14

O subdelegado do Goberno en Pontevedra di que a operación segue aberta

Etiquetas:  NARCOLANCHA

Segundo aniversario do accidente en que morreron sete persoas ao caer ao Lérez

24/12/2024 14:29

No viaduto de Pedre, onde se precipitou o autobús, ducias de flores recordan as vítimas

O xuíz arquivou a causa contra o condutor, ao considerar que non houbo imprudencia

Publicidade
Publicidade