O edificio que ardeu en Pontevedra será parcialmente demolido por risco de colapso
Vinte persoas foron xa realoxadas
Os bombeiros seguiron arrefriando a zona para evitar que se reavive o lume
O incendio obrigou o desaloxo de catro edificios lindeiros; moitos veciños non puideron levar nada das súas casas
Aínda co susto no corpo, algúns dos veciños afectados polo incendio tentaban buscar na tarde deste martes máis información. Non saben como afectou o lume ás súas vivendas ou se poderán volver a elas. Explican que non puideron levar nada das suas casas. Nin roupa, nin obxectos persoais nin documentación.
Falan de lapas moi grandes e de fume sáindo por todas partes. Algúns veciños apuntan a unha candea como posible causa do incencio porén para determinar a súa orixe haberá que agardar a investigación. Comezará cando o incendio estea controlado na súa totalidade. Nas últimas horas tamen se achegaban á zona os propietarios dos baixos comerciais afectados.
Extinción complicada pola presenza de madeira e material inflamable
O lume non chegou a eles pero están estragados dos como consecuencia da auga que se empregou para extinción do lume. As tarefas foron moi complicadas porque segundo explicou a concelleira de seguridade de Pontevedra a maior parte do inmoble era de maderia e a cuberta tiña un material moi inflamable. Os bombeiros continúan o arrefriado o edificio para evitar que se reavive o lume.
Hai vinte persoas realoxadas en vivendas municipais ou con familiares. Tamén desaloxaron os inquilinos de catro edificios lindeiros. A dous deles, para evitar riscos, non poderán volver ata que non se inspeccionen as medianeiras. Está previsto que os técnicos poidan facelo este mércores.