Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home sae ileso despois de tirarse da ponte da Barca, en Pontevedra, por un pique

Un home sae ileso despois de tirarse da ponte da Barca, en Pontevedra, por un pique

Lanzouse a máis de vinte metros de altura e coa marea baixa

Os dispositivos de emerxencias foron socorrelo, pero logrou saír nadando sen axuda

 

G24.gal 03/07/2025 14:16

Pasaban as cinco e media da tarde cando o home, duns 40 anos, comezou a chamar a atención dos peóns que circulaban pola ponte da Barca. 

"Pasou media hora dicindo que se ía tirar. Ao final pasaron uns rapaces, creo que peregrinos que facían o Camiño, e dixéronlle: a que non te atreves?", explica un mozo que presenciou os feitos.

O individuo acabou aceptando o pique e tirouse desde esta varanda, situada a máis de vinte metros de altura, e no momento da baixamar. 

"Sacou o pantalón, saltou a varanda e tirouse. Se se tira de cabeza, mátase coas rochas que hai". "Ás cinco da tarde tes pouca auga, uns catro metros, como toques no fondo estás máis morto ca vivo".

Un amplo dispositivo de emerxencias, con axentes de policía e unha ambulancia acudiron socorrelo. Pero non fixo falta. O individuo chegou nadando á terra polos seus propios medios. Só tiña unha mazadura na perna.

"Ía nadando, colleuno a Policía nas escaleiras que están pegadas á ponte, estaba ben". "Hai cousas difíciles de entender, a min por moito que me reten non se me ocorre tirarme".

Algunhas testemuñas sospeitan que o home ía borracho ou drogado, pero á policía non lle consta esta circunstancia. O que si confirman é que esta é a primeira vez que alguén se tira da ponte da Barca sen intención de suicidarse. Unha verdadeira temeridade que, por sorte, non rematou en traxedia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade