As empresas galegas aspiran a exportar o 40% da produción
'Galicia, economía aberta', un encontro de empresarios na Toxa
A busca de novos mercados e a atracción de talento ás empresas, entre as claves de futuro
Na última década duplicáronse as exportacións galegas ata chegar aos 30.000 millóns de euros
A presenza nos mercados internacionais é un sinal de identidade da economía galega. Na última década duplicáronse as exportacións ata chegar aos 30.000 millóns de euros. O reto apunta a exportar o 40% da nosa produción.
"Nun mercado globalizado sempre hai atrancos como é o caso dos aranceis dos Estado Unidos", afirma Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
A alternativa é buscar novos mercados, como xa están facendo empresas como Nauterra, que agrupa as marcas do Grupo Calvo.
"Fixemos compras de empresas e construción de fábricas que nos permitiu abordar mercados coma o de Costa Rica, Guatemala", explica Enrique Orge.
Ou coma Xeal, con dúas plantas de ferroaliaxes e produción hidráulica na Costa da Morte, que atrae investimento a Galicia.
"É importante ter un proxecto moi sólido, unha análise de rendibilidade financeira impecable e un equipo con talento para levalo a cabo", asegura María Couto.
É outro dos retos do mercado laboral, atraer talento. Unha realidade á que se enfrontan sectores clave para a economía do futuro, como é o caso das novas tecnoloxías.
"As multinacionais veñen buscar talento onde se atopa, e Galicia é un deses sitios", explica Luis Pérez Freire, CEO de Gradiant.
E apuntan á oferta de proxectos atractivos e de condicións laborais como claves para reter talento a atraer novos traballadores.