Investigado un pontevedrés que pedía o exterminio de persoas negras e musulmáns
O investigado publicaba mensaxes que incitaban ao odio e discriminación contra musulmáns e negros
A persoa terá que comparecer contra nos próximos días polos seus comentarios nas redes sociais

A Garda Civil investiga un mozo de 23 anos de Pontevedra por difundir mensaxes xenófobas nas súas redes sociais.
O investigado difundía contidos xenófobos e hostís que fomentan, promoven e incitan ao odio, hostilidade ou discriminación contra persoas ou grupos pola súa raza, etnia, xénero ou orientación sexual.
O mozo tiña publicacións nas que sostiña mensaxes de supremacía branca sobre as demais, manifestando o desexo de exterminar persoas negras e musulmáns de maneira explícita.
Tamén negaba que estes fosen humanos e comparábaos con animais.
Os investigadores lanzaron un comunicado este martes no que indican que ese comportamento é constitutivo dun delito de odio recollido no artigo 510.1a do Código Penal.
O investigado terá que comparecer no Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra nos próximos días.
A Garda Civil lembra que se poden presentar denuncias ante estes comportamentos ante os corpos de seguridade do Estado ou a Oficina Nacional de Loita contra os Delitos de Odio.
Nestes casos, as autoridades recomendan achegar posibles probas do delito como mensaxes ou capturas de pantalla para maior efectividade.