Evacúan a Subdelegación do Goberno en Pontevedra por un simulacro de ameaza de bomba
Os funcionarios e os usuarios saíron sen problemas
Buscan estar preparados ante calquera incidencia
A tranquilidade de saber que se trata dun simulacro, permite refrescar o protocolo e as vías de evacuación.
Natalia del Caño, xefa de Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno, explica: "O simulacro trataba dunha ameaza por artefacto explosivo. Chamaban decindo que había unha bomba. Ao non poder revisar o sótano decretamos a evacuación. Pulsamos a alarma e saímos todos sen problema".
Unha vez fóra, reconto para verificar que non queda ninguén no edificio.
"A seguridade nun sentido amplo tamén ten que ver con estar preparados ante continxencias", destaca Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra.
Exercicios coma este na Subdelegación do Goberno de Pontevedra permiten saber reaccionar en menos tempo ante unha alarma.