Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ampla despregadura nun dispositivo de simulación de incendio forestal tipo 2 en Rianxo

Ampla despregadura nun dispositivo de simulación de incendio forestal tipo 2 en Rianxo

O establecemento dun posible posto de mando reuniu en Raño, Leiro, numerosos vehículos dos servizos de urxencias para un ensaio operativo de combate dun lume no monte con risco para a poboación

Imaxe do Campo da Veliña, na parroquia rianxeira de Leiro, este xoves pola mañá durante o simulacro
G24.gal 05/06/2025 14:07

Varias ducias de vehículos do sistema de urxencias nos distintos ámbitos, con predominio dos dependentes da Administración Autonómica, xuntáronse neste xoves que empezou chuvioso no Barbanza.

Foi un ensaio de posto de mando por un suposto incendio forestal na zona de Leiro, Rianxo, para afinar a coordinación de medios ante un lume no monte con risco para a poboación.

"Estes simulacros son para estar ben formados, coordinados e intercambiar información", afirma Belén do Campo, delegada territorial da Xunta na Coruña, que desempeñou o mando único neste ensaio.

Con esta simulación, incidía a representante da Administración Central, tamén se busca mellorar a reacción para afrontar un lume forestal de risco 2.

Estes simulacros tamén permite adestrar os sistemas de comunicación entre os distintos efectivos e o ensaio de accións, como cortes de estrada e testar as tarefas asignadas aos distintos grupos operativos:

"Estes exercicios de poñer en funcionamento todos os recursos son fundamentais para ter capacidade de reacción", destaca María Rivas López, subdelegada do Goberno en Galicia.

As simulacións propician ademais adestrar os sistemas de comunicación entre os distintos efectivos e o ensaio de accións, como cortes de estrada e testar as tarefas asignadas aos distintos grupos operativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade