Publicador de contidos

Publicador de contidos

Emprendedores e expertos comparten experiencias no Encontro de Empresarios Galegos polo Mundo na Toxa

Emprendedores e expertos comparten experiencias no Encontro de Empresarios Galegos polo Mundo na Toxa

Os emprendedores buscan oportunidades no exterior nun contexto mundial incerto

G24.gal 03/07/2025 14:54

Alba e Rocío deixaron o seu posto de traballo nunha grande empresa enerxética e decidiron emprender. Crearon unha plataforma de aplicación da intelixencia artificial ao servizo da empresa.

"O que fai é avaliar o rendemento dos traballadores e o seu estado de ánimo. Pensamos que é unha oportunidade que non se pode perder", explica Alba Budiño, socia da empresa Zebra Brain.

As novas tecnoloxías é un dos sectores con máis oportunidades para abrir mercados. José López leva 50 anos nos Estados Unidos. Di que o camiño non é doado, pero ve futuro para moitas empresas.

"As de servizos e a informática. As de importación de produtos galegos tamén funcionan porque hai mercado", asegura o empresario.

O contexto internacional aconsella prudencia. A política de aranceis e a situación do dólar complica as decisións empresariais.

"É un momento de incerteza. Depende do que pase con aranceis e co déficit presupostario americano que podería ter impacto no prezo da divisa", explica o analista financeiro, Kyril Saxe-Coburg.

Con todo, Galicia mantén os mercados americanos como un dos potenciais de crecemento.

"É un mercado con moita potencialidade para as empresas galegas. A cámara de comercio vai facer seis misións comerciais neste ano para intentar introducir as empresas galegas", di Manuel Galdo, director da Cámara de Comercio da Coruña.

Misións comerciais que contan co apoio das asociacións de empresarios no exterior.

"Unímonos e traballamos para que alí onde haxa un galego sempre haxa quen lle poida botar unha man", di Julio Lage, presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid.

Experiencias de emprendemento que comparten no encontro anual de empresarios galegos polo mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade