Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen catro persoas ao desartellar un punto de venda de droga en Vilagarcía

Deteñen catro persoas ao desartellar un punto de venda de droga en Vilagarcía

Acúsanos de traficar con heroína e cocaína nun piso da rúa Valladares

Un dos arrestados foi enviado a prisión

 

G24.gal 11/07/2025 13:44

O narcopiso desartellado sitúase nun edificio da rúa Valladares, no barrio das Carolinas. A investigación comezou en decembro, pero non foi ata esta semana que os axentes da Policía Nacional detiveron os catro individuos.

Están acusados de vender e distribuír droga desde este céntrico piso familiar. Ademais, a dous deles impútanlles tamén un delito de roubo con violencia. No rexistro do inmoble incautáronse de diversas cantidades de heroína e cocaína, cartos, armas brancas e xoias que, segundo sospeitan os axentes, poderían proceder de roubos feitos polos clientes para pagar as doses.

Os catro arrestados pasaron a disposición xudicial e un deles xa ingresou en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade