Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Ourense .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Ourense .

Ourense

A Garda Civil recupera máis de 150 de pezas na operación contra o tráfico de arte sacra

19/09/2022 14:20

A meirande parte do botín recuperado está sen catalogar

O grupo organizado actuaba en igrexas e pazos das provincias de Ourense e Pontevedra

Prisión sen fianza para dous dos detidos, na causa que instrúe un xulgado do Carballiño


Investigan o accidente en que quedou ferido grave un cazador en Viana do Bolo

19/09/2022 14:20

Recibiu un disparo dun compañeiro que participaba nunha batida

Trasladárono en helicóptero ao Complexo Hospitalario ourensán, onde o operaron


Agride cun sacarrollas un policía fóra de servizo que apoiaba unha identificación en Ourense

19/09/2022 14:19

O agresor foi detido e posto a disposición xudicial

Os veciños aseguran que as leas na zona histórica son cada vez máis frecuentes 

Etiquetas:  AGRESIÓN

Un helicóptero de urxencias nunha intervención

Un ferido durante unha cacería en Viana do Bolo

18/09/2022 18:14

Ao home trasladárono en helicóptero medicalizado ao hospital de Ourense tras recibir un disparo nunha perna

Aconteceu na parroquia de Quintela de Umoso en Viana do Bolo onde participaba xunto con outros compañeiros nunha batida contra o xabaril.


Ourense corta a circulación aos coches para darlle protagonismo á bicicleta

18/09/2022 18:06

Milleiros de persoas sumáronse ao día da bici en Ourense

Tenta promover o exercicio físico e reducir a contaminación


Ourense despide os festivais de verán co Our fest Xacobeo

17/09/2022 21:42

Ourense tamén pecha a temporada de festivais de verán e faino ao grande. O recinto feiral

As varices e outras doenzas vasculares poden tratarse con balneoterapia

17/09/2022 18:16

A Arnoia acolle unhas xornadas para difundir entre os estudantes de medicina os beneficios das augas termais


Arde un edificio na zona vella de Ourense sen causar danos persoais

17/09/2022 18:12

Os bombeiros non toparon persoas no interior, pero salvaron un can das lapas

A veciñanza asegura que o inmoble leva tempo ocupado



O concello de Parada de Sil protexerá cun valado o castiñeiro centenario de Entrambosríos

16/09/2022 21:39

Os visitantes danan a codia da árbore cando sube ás polas para facer fotografías

As feridas no tronco poden supoñer entrada de fungos letais para o castiñeiro

O proxecto prevé tamén a musealización da contorna

Publicidade
Publicidade