A Garda Civil incáutase de produtos falsificados en bazares da provincia de Ourense
Atoparon gran cantidade de produtos, desde roupa a ventiladores, chisqueiros ou xoguetes diversos que non cumprían a normativa comunitaria e en moitos casos supoñían un perigo

Axentes das Patrullas de Fiscal e Fronteiras (PAFIF) de Lobios e Verín, Seprona e Intervención de Armas, apoiadas por distintas Unidades de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Ourense, levaron a cabo inspeccións nun total de 10 establecementos tipo bazar, nas localidades de Ourense, San Cibrao das Viñas e Xinzo de Limia. A maioría deles estaban rexentados por cidadáns chineses.
Como resultado interviñéronse gran cantidade de efectos falsificados de diversa índole, desde roupa a ventiladores, chisqueiros e xoguetes diversos. Co perigo que entrañan este tipo de efectos falsificados que non cumpren coa lexislación comunitaria.