Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT inicia unha campaña especial de control de alcol e drogas polo Nadal

A DXT inicia unha campaña especial de control de alcol e drogas polo Nadal

O operativo comeza este luns e remata o 21 de decembro, con atención especial ás zonas de ocio e turismo

Tráfico promove a implicación dos concellos e das policías locais para reforzar os controis nas vías municipais

G24.gal 14/12/2025 19:28 Última actualización 14/12/2025 20:22

A Dirección Xeral de Tráfico inicia este luns unha campaña especial de control e vixilancia do consumo de alcol e drogas nas estradas galegas.

O operativo enmárcase nas actuacións periódicas de seguridade viaria coincidindo co inicio das celebracións do Nadal. A campaña desenvolverase ata o 21 de decembro, con atención especial ás zonas de ocio e turismo.

Tráfico vai promover a implicación dos concellos e das policías locais co obxectivo de reforzar os controis tamén nas vías municipais.

Segundo a DXT, o alcol estivo presente no 12% dos sinistros rexistrados en 2024 e foi un factor concorrente no 28 % dos accidentes de tráfico con vítimas mortais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos