Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan dous dos cinco tripulantes do pesqueiro portugués envorcado na desembocadura do Miño

Localizan dous dos cinco tripulantes do pesqueiro portugués envorcado na desembocadura do Miño

As tarefas de buscan están a desenvolverse en territorio portugués, preto da illa da Insua

O operativo de busca, que se puxo en marcha tras aparecer unha embarcación envorcada, continúa á procura de tres tipulantes que seguen desaparecidos

Portugal coordina o dispositivo coa colaboración de Galicia

O Centro integrado de Atención ás emerxencias coordina o operativo de busca no que tamén participa Galicia
G24.gal 14/12/2025 16:33 Última actualización 14/12/2025 20:54

A primeira hora da tarde deste domingo, activouse un operativo de busca na zona da desembocadura do Miño tras aparecer unha embarcación envorcada. As tarefas desenvolvéronse desde o primeiro momento en territorio portugués.

Posteriormente soubose que a embarcación envorcada era o pesqueiro portugués Vila de Caminha. De momento localizaron dous tripulantes, un portugués e outro indonesio e que o operativo continúa buscando outros tres mariñeiros, todos eles de orixe indonesia.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias trasladouse toda a información a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Bombeiros do Morrazo e Vigo e ao GES da Guarda.

O helicóptero de rescate Pesca I, de Gardacostas de Galicia, tamén colabora na busca.

O 112 Galicia tivo constancia pasadas as 13:30 horas, a través da Comandancia Naval do Miño, de que se localizara unha embarcación envorcada na desembocadura do río Miño, preto da Illa da Insua, que pertence a Portugal.

 

A Garda Civil tamén está a traballar no dispositivo de busca dos tres mariñeiros aínda desaparecidos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade