O festival IKFEM promove o intercambio de culturas sobre as augas do río Miño
A ponte internacional que une Tui con Valença é un dos escenarios máis rechamantes deste festival
O obxectivo deste evento, creado hai trece anos, é potenciar os lazos da eurocidade
Ata este domingo a ponte Internacional de Tui volve ser un dos escenarios do Festival IKFEM, creado hai trece anos para promover o intercambio entre a cultura española e portuguesa. Así que a Eurocidade Tui-Valença está de festa.
Tui, Valença e esta ponte internacional que leva unindo as dúas cidades desde hai 140 anos, son os tres escenarios deste IKFEM que comezou o xoves e durará ata mañá á tarde. O programa é intenso, especialmente de tarde, con concertos, gastronomía e arte ás dúas marxes da fronteira, nos teatros, iglesias das dúas vilas, na fortaleza de Valença.
E nesta ponte craeada en 1886 polo enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo, estos catro días por suposto pechada ao tráfico, hai 30 expositores que ensinan o talento de ambos paíes, dende a decoración, a artesanía ou a cerámica pasando desde logo por postos de alimentos e viños.
"Levamos catorce anos convertendo esta fronteira nun espazo de unión, un espazo de convivencia, amosando que a cultura é a ponte máis forte que temos para unir a Galicia con Portugal. por iso imos encher de cultura esta ponte, abrila a toda a cidadanía porque a música non entende de fronteiras. Teremos oito concertos de música nos dous lados, os artistas españois actúan no lado portugués e os portugueses no lado español. Temos 30 postos de arte e gastronomía, con catas e degustacións, para celebrar a nosa historia compartida", conta a TVG Andrea González, a directora do IKFEM Tui-Valença.