Cargando resultados...
Buscan un veciño de Madrid desaparecido en Muxía desde o pasado martes
Un amplo dispositivo busca o home, que estaba pasando uns días na localidade
G24.gal
11/12/2025 16:04
Os servizos de Emerxencias e a Garda Civil despregaron un dispositivo para tratar de localizar un home, veciño de Madrid, que desapareceu en Muxía.
Fontes da Garda Civil confirmaron que se presentou unha denuncia pola desaparición deste home, do que os seus achegados non saben nada desde o martes. Atopábase pasando uns días en Muxía.
No dispositivo participan 3 patrullas da Garda Civil e o capitán da compañía de Carballo, así como efectivos de Policía Local e Protección Civil.