Buscan un veciño de Taboadela, de 73 años, do que non se sabe nada dende hai unha semana
Marchou no seu coche, un Toyota Avensis negro, e levou a carteira e o teléfono móbil
Segundo a súa familia, atravesaba un baixón anímico

Segue en paradoiro descoñecido un home no concello ourensán de Taboadela. Chámase Juan Mas Mercadé e falta da súa casa desde o pasado luns, día 5. A familia está desconcertada e moi preocupada porque nada sabe del. Foi visto por última vez á tardiña do luns cerca da súa casa, na aldea de Pereiras. Marchou no seu coche, un Toyota Avensis negro, levou a carteira e o teléfono móbil, pero non se rexistraron movementos bancarios e o teléfono dá apagado.
Os operativos de busca por terra e aire cun helicóptero da Garda Civil non deron ningún resultado. Segundo a súa familia, atravesaba un baixón anímico. En menos dun ano perdeu a filla e unha irmá. Ademais empeorara a súa saúde e tiña mobilidade reducida.