Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha estafa de 112.000 euros con criptomoedas en Ourense

Investigan unha estafa de 112.000 euros con criptomoedas en Ourense

Un xulgado de Ourense investiga a maior estafa de criptomoedas que se coñece na provincia

A vítima comezou investindo unha pequena cantidade, pero foise enredando nunha complexa trama que incluía un bufete de avogados ficticio e ata unha suposta policía cibernética con sede en Suíza

G24.gal 14/05/2025 13:58

Preto de seis meses é o tempo que se prolongou esta elaborada estafa da que foi vítima un veciño de Ourense. Contactaron con el por Telegram e nun principio só investiu 200 euros, pero a cousa foi crecendo ata chegar aos 112 mil euros.

Luis Garnil, avogado especializado en criptomoedas: "Os datos que a el lle aparecían na aplicación ficticia eran mentira. Só era unha pantalla para que seguira investindo".

Denuncian un delito continuado de estafa que inclúe aplicacións informáticas falsas e ata un despacho de avogados ficticio e unha suposta policía cibernética que lle cobrou á vítima por unha peritaxe inexistente. En todo ese camiño, os ciberdelincuentes foron deixando un rastro do que van tirar os investigadores para tratar de chegar a eles: "Os háckers cometeron un erro, consistente en que enviaron cartos a unha casa de cambio onde hai que facer un perfil real, con DNI ou pasaporte, polo que se pode seguir o rastro", asegura Garnil.

Actualmente, as investigacións están resolvendo a autoría nun vinte por cento dos casos.

Antonio Vázquez, sarxento do Equipo da Garda Civil de Ourense: "Non é imposible. O máis importante é que denuncien. Recompilar todas as evidencias que teñan: chamadas telefónicas, correos electrónicos, conversas..., todo o que teñan, e presentar unha denuncia".

Os equipos da Garda Civil recibiron no último ano 700 denuncias por distintos ciberdelitos, desde criptomoedas a estafas amorosas, entre outros, só na provincia de Ourense con contías que suman os dous millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade