Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellan un grupo criminal que suplantaba bancos con SMS falsos e conseguiu un millón de euros

Desartellan un grupo criminal que suplantaba bancos con SMS falsos e conseguiu un millón de euros

Estafaban a xente facéndose pasar pola súa entidade bancaria a través dun SMS 

Xa están detidas e postas a dispor xudicial 19 persoas, e outras 21 identificadas

EFE EFE
G24.gal 14/07/2025 11:14

A Policía Nacional desarticulou unha rede que suplantaba entidades bancarias a través de SMS en España, que estafou case un millón de euros a 85 vítimas en 10 meses.

Enviaban SMS masivos cunha ligazón falsa nos que alertaba de accesos fraudulentos a través da banca en liña.

Por estes feitos, detívose 19 persoas en Cádiz e identificouse outros 21 membros do grupo, entre os que se atopa o xefe da organización.

O modus operandi

A investigación comezou en outubro de 2024 logo de recibir diferentes denuncias de persoas que aseguraban que as estafaran suplantando a súa entidade bancaria.

Non era unha campaña indiscriminada contra a poboación, senón que os estafadores tiñan datos concretos dunha entidade bancaria, coma DNI, números de conta ou domicilios.

Usaban aplicacións informáticas para mandar os SMS alertando dun acceso indebido na banca en liña dos clientes. Esta mensaxe ía acompañada por unha ligazón URL que redirixía a unha páxina que suplantaba a orixinal, onde conseguían as claves de acceso.

Para convencer as vítimas, identificábanse coma axentes antifraude do banco e seguían un guión marcado co que conseguían a información.

Ao contactar, reforzaban o engano cun segundo SMS cos datos do falso xestor. Cando gañaban a confianza, explicábanlle, sen demora e sen cortar a chamada, como cancelar as transferencias ou cargos fraudulentos.

Así, lograban que as vítimas lles mandasen transferencias bancarias, ingresos en caixeiros, operacións con criptomoedas ou que contratasen préstamos.

Os fondos eran transformados finalmente en diñeiro en efectivo para facilitar o branqueo da estafa.

Sen dúbidas na organización e tampouco para ameazar

O grupo conformábano 40 persoas, que ocupaban postos en catro niveis establecidos.

O líder dotaba de medios e coordinaba o resto de membros. No segundo nivel, a súa man dereita exercía de teleoperador e axente antifraude.

O terceiro nivel formábano os captadores de mulas. Algúns deles comezaron achegando a súa propia conta bancaria para logo captar persoas da súa contorna para que achegasen as súas propias contornas. Estes eran o cuarto nivel.

Cando os descubrían, ameazaban as vítimas valéndose dos datos persoais destas para evitar a posible denuncia.

A investigación rematou en xuño, coa práctica de tres rexistros na provincia de Cádiz onde se interviñeron 11 móbiles, catro ordenadores, 32.000 euros, 0,25 criptomoneda ETH. Tamén interviñeron unha escopeta de perdigóns, dúas pistolas de gas, unha machada e outras armas.

Ademais, atopáronse 20 DNI, case todos recollidos en discotecas de Madrid ou adquiridos no mercado negro.

Foron 19 persoas detidas como presuntos responsables dos delitos de pertenza a un grupo criminal, estafa continuada, branqueo de capitais, falsidade documental... e foron postos a dispor xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade