Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os peritos confirman que había restos de pólvora na roupa do acusado do crime de Coia

Os peritos confirman que había restos de pólvora na roupa do acusado do crime de Coia

A vítima e o acusado intercambiaron mensaxes ameazantes dous meses antes do crime

Este xoves está previsto que declare o acusado de asasinato e tenza ilícita de armas

A Fiscalía pide 22 anos de cárcere e a acusación particular 23 anos e medio

G24.gal 29/10/2025 15:18 Última actualización 29/10/2025 15:57

Balística identificou a arma, a escopeta que se utilizou no crime. Unha arma prohibida porque tiña o número de serie borrado. Había partículas compatibles con residuos de disparos nas mans e na roupa do acusado e sangue no marco interior da porta da súa vivenda. A análise do teléfono móbil confirma que tiñan relación. Reproduciron en sala un audio en que o acusado lle di á vítima que veña de novo pola casa que non o vai pillar por sorpresa.

As médicas forenses conclúen que o acusado actuou coas súas capacidades cognitivas conectadas e que non mostraba síndrome de abstinencia á cocaína. A drogadicción é unha das atenuantes que incorpora a defensa para pedir a libre absolución, amais da confesión, que segundo as acusacións queda desacreditada.

Piden ata 23 anos e medio de cárcere para o acusado por asasinato e tenza ilítica de armas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade