Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expertos internacionais cuestionan as recomendacións de que embarazadas e nenos eviten certos peixes

Expertos internacionais cuestionan as recomendacións de que embarazadas e nenos eviten certos peixes

Apelan a que dende 2010 hai evidencia científica de que o selenio que teñen os peixes grandes compensa de sobra os niveis de mercurio

G24.gal 29/10/2025 14:42

No grupo de expertos que fan esta recomendación hai xinecólogos, pediatras, cardiólogos, xeriatras e expertos en nutrición e sustentabilidade. Hoxe todos defenderon a importancia de comer peixe en todas as etapas de vida, sen excepcións, porque do fondo do mar veñen vitaminas, minerais e en especial ácidos graxos poliinsaturados vinculados co desenvolvemento neurolóxico. 

"Nos nenos a inxesta debe ser unha porcentaxe elevada, case un 2 % da enerxía" declarou Ángel Gil, catedrático de Bioloxía Molecular e presidente da Fundación Iberoamericana de Nutrición

Por iso fan un chamamento a incrementar a presenza de peixe nos menús escolares, xa que na escola comen xa o 70 % dos meniños.

"Se temos que complementar en casa ata catro racións á semana, que é o recomendable, se o neno non fai na casa a comida do mediodía é máis difícil chegar", explicou Rosaura Leis, experta en nutrición pediátrica

Pero a principal petición destes expertos é que as Axencias de Seguridade Alimentaria revisen as recomendacións que ata agora fan ás nais xestantes e en período de lactación. Din que eses consellos están anticuados porque a presenza de mercurio no peixe está compensada polo selenio.

"A partir do ano 2010 comezamos a comprender por que ese consumo non era prexudicial", dixo Guillermo Aldama, cardiólogo.

Expertos que unían hoxe as súas voces nun acto organizado en Vigo por Interfish. Explican que o peixe espada ou o marraxo, que pescan os palangreiros de superficie, a maioría galegos, son protectores da nosa saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade