Publicador de contidos

Publicador de contidos

O día a día dun arrombacoches de Ferrol, contado en primeira persoa

O día a día dun arrombacoches de Ferrol, contado en primeira persoa

Leva 30 anos enganchado e buscando efectivo nos aparcadoiros, "por situacións da vida"

Os gorrillas, preocupados pola presión social que pode acabar co seu método de vida

G24.gal 29/10/2025 14:43

Sen nomes nin imaxe por vergonza e porque non se sente orgulloso.

"Miña nai non sabe que estou aquí. Ten dúbidas pero non o sabe. Eu tiven traballo, o meu soldo e todo pero foron situacións", confesa este arrombacoches.

Situacións das que se lamenta, pero para as que non busca culpables. Situacións dunha vida que se malogrou de camiño.

"Levo nesto 30 anos. É un bucle pero estás metido nesta merda".

Un bucle que o leva cada mañá ao aparcadoiro do Arquitecto Marcide. Dúas horas de traballo con horario fixo para conseguir unha media duns 30 euros, o salario para calmar o mono. 

"Consumo heroína e, ás veces, dependendo dos cartos que teña, unha base, cocaína cociñada", recoñece.

Asegura que non ten antecedentes e revólvese contra os compañeiros que lle dan mala fama. 

"A min moléstame que haxa estas 'movidas', e pelexas e roubos porque me prexudica a min. Eu respondo polo tempo que estou eu, polas mañás. Aquí non hai obriga de dar. Quen quere dáche e quen non, non. Bos días e adeus".

Sobre a posibilidade dunha segunda oportunidade:

"Complicado? Coa metadona sáese. Oxalá tivera un traballo, que me viría ben para me desenganchar, un horario, o día ocupado".

Son soños dos que esperta a golpe de realidade.

"O caso é querer. Eu na miña situación, non mo propoño".

A súa é a historia case repetida de moitos compañeiros de faena, dos chamados gorrillas, das vítimas dos catorce asentamentos da droga que hai entre Ferrol e Narón, o gran supermercado dos narcóticos de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade