Un ano da dina máis grave do último século
Morreron 237 persoas e houbo milleiros de damnificados que perderon todo o que tiñan e tiveron que empezar de cero
Na dina máis grave do último século en España morreron 237 persoas. Houbo milleiros de damnificados que perderon todo o que tiñan e tiveron que empezar de cero.
Nas tarefas de reconstrución participaron administracións centrais e autonómicas e o exército. E tamén os voluntarios que se centraron na limpeza das vilas destruídas e no apoio ás familias desfeitas.
A previsión alertaba de chuvia forte, pero nin a máis pesimista se achegaba sequera aos 600 litros por metro cadrado que caeron nalgunhas zonas. Choveu como ninguén lembraba, e nunha superficie considerable: desde a Horta Sur á cabeceira do río Magro. En Paiporta, cinco quilómetros ao sur de Valencia, desbordouse o barranco do Poio.
A riada levouno todo por diante: estradas, pontes, vivendas e vehículos. De súpeto, volver á casa do traballo converteuse nunha cuestión de supervivencia.
229 vidas arrebatadas pola gota fría, que non se puideron contabilizar ata varias semanas despois. Porque mentres sobre o terreo buscaban desaparecidos, España enteira se mobilizaba. De súpeto todos eramos Valencia, un caos infinito onde a axuda despregada pola Axencia Galega de Emerxencias foi moi ben recibida.
Mención especial para a xente nova, que deu un exemplo de solidariedade, coraxe e organización que podemos resumir nos nomes doutros tres galegos: Denís, Aarón e Ismael.