Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha nova lea na rolda de Outeiro, na Coruña, acende alarmas sobre a crecente conflitividade

Unha nova lea na rolda de Outeiro, na Coruña, acende alarmas sobre a crecente conflitividade

Veciños da zona contan que, cada semana, hai dúas ou tres liortas na zona e piden vixilancia e medidas que garantan a seguridade

G24.gal 29/10/2025 14:30

Unha nova pelexa rexistrada na rolda de Outeiro volveu acender as alarmas sobre a crecente conflitividade nunha das arterias máis transitadas da cidade. "Dous mozos aí tirados no chan. Había moita xente mirando". "Colleuno, ergueuno e tirouno ao chan".

Unha escena que, segundo contan veciños e comerciantes, se repite con frecuencia. "Aquí hai dúas ou tres pelexas todas as semanas". "As pelexas aquí son frecuentes".

Denuncian a crecente conflitividade e inseguridade que hai na zona. "Aquí agora hai moita inseguridade. Tiróns de bolso, rouban os móbiles".

Desta volta, ninguén denunciou os feitos, polo que non houbo detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade