Identifican varias persoas tras negarse a pagar a conta nun establecemento e ameazar un camareiro en Lugo
Identifican varias persoas tras negarse a pagar a conta nun establecemento e ameazar un camareiro en Lugo
Ao parecer non estaban de acordo coa contía e aí comezou unha discusión co camareiro que se foi agravando
O San Froilán ademais de festa tamén deixa algún incidente. Un deles nun establecemento próximo ao recinto feiral, onde varios clientes se negaron a pagar e ameazaron o camareiro.
O día de festa acabou con varios identificados pola policía. O incidente ocorreu sobre as nove da noite, á hora de pagar a conta. Ao parecer non estaban de acordo coa contía e aí comezou unha discusión co camareiro que se foi agravando.
"O camareiro saiu recoller a mesa e xa vin cando volvía que viñan detrás del, entón o rapaz comezou a berrar que o querían matar, e despois xa empezaron as amezas coas outras camareiras decindolles que estaban mortas", explica unha das testemuñas do suceso.
Os axentes da policía tratan de calmalos e mesmo chegan a suxeitalos, pero os implicados amósanse moi alterados e con actitude violenta. O tempo que estiveron no interior do establecemento ademais de ameazar e insultar o camareiro lanzaron varias cadeiras causando danos no mobiliario do restaurante.
"Eu so vin que algúns ian co torso descuberto, empezou a xuntarse moita xente, pero a policia chegou moi rápido e tranquilizouse a cousa", ten un posto xunto a praza onde se xuntaron os aborotoradores.
Ao lugar desprazáronse varias unidades da Policía Local. O incidente causou un gran balbordo no recinto feiral. Finalmente conseguiron calmalos e convencéronos para que abandonasen a zona.