Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía pecha a investigación da liorta nunha pedida de man en Ribeira con 15 detidos

A policía pecha a investigación da liorta nunha pedida de man en Ribeira con 15 detidos

Na liorta, en que participaron un cento de persoas, falecera atropelado o tío do noivo

G24.gal 25/09/2025 13:51

Os vídeos da liorta de Ribeira foron obxecto de visionado da Policía Nacional durante meses. Trataban de identificar as persoas implicadas na violenta liorta que se ve nas imaxes, o enfrontamento entre dúas familias que celebraban unha pedida de man en Ribeira o pasado 1 de xullo.

A pelexa, entre os Bentos, de Santiago de Compostela, e os Borja, de Ribeira, acabou co atropelo mortal do tío do noivo e con outro familiar ferido moi grave por lesións de arma branca. 

O mesmo día da liorta detiveron seis persoas na peaxe da AP-9 á altura de Teo. Todas da familia compostelá. Entre elas o irmán do falecido, que está en prisión, investigado por homicidio involuntario ao ser considerado o autor do atropelo.

Días despois 6 novos detidos súmanse á investigación. Desta volta son membros da outra familia, residentes no poboado da Conlleira, en Ribeira. Un deles ingresou no cárcere acusado de golpear cun machado un dos participantes na liorta.

As investigacións non quedaron aquí. As cámaras de seguridade e novos vídeos gravados por testemuñas cos seus teléfonos móbiles levan a Policía a deter nas últimas semanas tres persoas máis: dúas por participar activamente na agresión ao home que quedou gravemente ferido e outra por conducir un vehículo que levou por diante mobiliario do local onde se celebraba a festa.

Con estas últimas detencións, en total 15, a Policía dá por pechada a investigación dunha liorta mortal en que participaron un cento de persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade