Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional libera unha menor secuestrada en Ferrol e detén o pai en Alemaña

A Policía Nacional libera unha menor secuestrada en Ferrol e detén o pai en Alemaña

O autor da subtracción parental pistola en man fuxiu coa nena de sete anos a Portugal e posteriormente a Romanía

G24.gal 25/09/2025 12:02

A Policía Nacional finalizou con éxito a investigación e o operativo internacional iniciado tras o secuestro parental dunha menor ocorrido no barrio ferrolán de Caranza o pasado mes de xuño. A operación culminou coa detención do pai en Alemaña e a recuperación en Romanía da nena, que xa foi entregada á súa nai.

O secuestro produciuse a tarde do 12 de xuño. O pai da nena e un acompañante abordaron á nai e á súa actual parella na vía pública. Os asaltantes baixaron dun vehículo, esgrimindo unha arma de fogo coa que ameazaron a nai para arrebatarlle a menor. Tras introducir a nena pola forza no coche, os agresores detonaron a arma de lume ao aire en varias ocasións antes de fuxir a gran velocidade.

Tras a fuxida, o pai, que xa estaba a ser buscado polas autoridades españolas por múltiples delitos, fuxiu coa nena cara a Portugal. Dous días despois, emprendeu un novo traslado cara a Alemaña, país onde se coñecía que desenvolvía actividades delituosas e onde residían algúns dos seus familiares.

A investigación, liderada pola comisaría de Ferrol-Narón, activou unha intensa cooperación xudicial e policial internacional. Este traballo permitiu que o 11 de setembro conseguísese localizar á menor na cidade de Bucarest, en Romanía, en compañía da súa avoa paterna.

Poucas horas despois, o pai da nena foi detido cando tentaba fuxir novamente cara a Alemaña. Actualmente atópase baixo custodia á espera dos trámites xudiciais correspondentes, mentres que a menor xa foi posta a salvo coa súa proxenitora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade