Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fabiola García: "A Xunta non vai admitir chantaxe por parte dos violentos"

Fabiola García: "A Xunta non vai admitir chantaxe por parte dos violentos"

A conselleira de Política Social visitou en Monforte o centro para menores estranxeiros atacado con cócteles molotov esta fin de semana

A Xunta contratará persoal de seguridade para reforzar este centro e pídelles ao Goberno e ao Concello que intensifiquen tamén a vixilancia

A conselleira de Política Social, Fabiola Martínez, visitou este luns o centro de menores estranxeiros de Monforte atacado esta fin de semana
G24.gal 22/09/2025 10:30

A Xunta contratará persoal de seguridade para custodiar o centro para menores estranxeiros de Monforte, o primeiro deste tipo que abrirá en Galicia.

Anunciouno a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante unha visita a estas instalacións, que sufriron importantes estragos na madrugada do venres ao sábado tras ser atacado con cócteles molotov.

A conselleira asegura que a Xunta "non vai admitir chantaxe por parte dos violentos" e pídelles ao Goberno e ao Concello de Monforte que intensifiquen a vixilancia. Insta o executivo local a instalar cámaras de seguridade no centro e reclámalle ao Goberno que reforce os efectivos da Policía Nacional.

García pídelles ás forzas políticas "que non utilicen este centro como arma electoral"

Fabiola García sinala que, malia o ataque, a Xunta seguirá adiante coa idea de abrir en Monforte de Lemos o primeiro centro para menores estranxeiros de Galicia. Faino, di, "por imposición de Sánchez", ao enviar 817 menores estranxeiros a unha comunidade que "non ten nin unha soa praza de residencia para atendelos".

A conselleira pídelle a todas as forzas políticas "que non utilicen este centro como arma electoral, porque o único que fai é polarizar a sociedade".

 A consellería confía en que, tras ser reparado, o centro poda abrir as súas portas nas vindeiras semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade