Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esixen a demolición urxente dunha vivenda por risco de derruba en Vigo

Esixen a demolición urxente dunha vivenda por risco de derruba en Vigo

Os veciños séntense inseguros polo estado do inmoble abandonado

Esixen que se execute a orde de demolición urxente 

G24.gal 06/10/2025 13:28

En Vigo unha casa en ruínas e en risco de derruba ten moi preocupados os veciños que viven a carón. Din que o perigo para eles é inminente e esixen solucións antes de que se produza un accidente. Patricia unha das afectadas xa non recibe visitas da súa familia xa que o acceso a súa vivenda converteuse nun perigo. 

Ademais os veciños denuncian a insalubridade da zona. O inmoble leva anos abandonado e cheo de lixo polo que é habitual ver ratas porén o seu maior temor é que poida derrubarse. Está cheo de fendas, ten o tellado afundido, xa se produciron desprendementos e as ramas da árbore que creceu no interior métense nas vivendas lindeiras.

 A Policía Local precintou a casa en ruínas e o Concello de Vigo ordenou a súa demolición urxente por risco para a saúde e seguridade pública, porén aínda non se produciu. Os veciños agardan que a situación se resolva o antes posible, fartos de convivir coa falta de hixiene e a inseguridade a carón das súas casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade