Cargando resultados...
A Xunta pide que o plan estatal inclúa axudas á compra de vivenda protexida
Aseguran que as axudas autonómicas para a compra están a piques de esgotarse fronte ás do alugueiro, que non teñen case demanda
G24.gal
30/09/2025 12:39
As axudas autonómicas para a compravenda de vivendas protexidas están a piques de esgotarse. Van dirixidas a promotores e cooperativistas.
Explicouno a Conselleira de Vienda, Martínez Allegue, nunha visita á futura promoción de 177 vivendas, en Someso, na Coruña. A Xunta inviste neses inmobles case 2 millóns de euros. Son axudas á marxe do plan estatal, que non inclúe incentivos para a compra.