Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alertan dunha nova repunta de estafas en investimentos en criptomoedas en Galicia

Alertan dunha nova repunta de estafas en investimentos en criptomoedas en Galicia

Para evitalas os axentes recomendan desconfiar das promesas de ganancias rápidas e sen riscos

Policía Nacional Policía Nacional
G24.gal 12/09/2025 12:55

A Policía Nacional detectou, nas últimas semanas en Galicia, unha repunta significativa de estafas no investimento en criptomoedas como gancho.

Segundo detallou o corpo policial nun comunicado, os delincuentes aproveitan o crecente interese nas divisas dixitais para enganar os cidadáns.

A maior parte dos ciberdelincuentes contactan coas súas vítimas mediante aplicacións de mensaxería instantánea e das redes sociais máis usadas, onde publicitan os seus servizos, ofrecendo alta rendibilidade con investimentos en criptomoedas.

Nalgunhas outras ocasións, son as vítimas as que buscan na rede posibilidades de investimento e caen en falsas montaxes financeiras que lles ofrecen rendibilidades imposibles.

O modus operandi consiste en solicitar un investimento inicial que vai dos 100 aos 250 euros e, tras iso, danlle á vítima o acceso a unha páxina ou aplicación fraudulenta.

Nesta faranlle crer, con datos falsos e mostrando gráficas de ganancias, que en poucos días o seu investimento crece e animan a vítima a efectuar transferencias bancarias cada vez máis importantes.

Unha vez que se investiron cantidades maiores, cando a vítima tente retirar o seu diñeiro, esixiranlle tarifas adicionais ou utilizarán calquera escusa para evitar esa extracción.

En realidade, o diñeiro nunca estivo investido, o que a vítima ve é unha ficción creada polos estafadores. No momento que eles consideren, e se a persoa estafada comeza a sospeitar ou di non ter máis diñeiro para investir, bloquearán a súa conta e deixarán de interactuar coa vítima.

Os axentes, detallaron no comunicado, teñen constancia de denuncias nas que as vítimas que hai uns anos foran defraudadas con estes falsos investimentos reciben chamadas de novo dos estafadores, facéndose pasar por supostos avogados especializados en recuperación de activos financeiros.

Nesta ocasión solicítanlles un cuantioso pago inicial para comezar a traballar para que recuperen o diñeiro investido.

Na Policía Nacional, axentes especializados en fraudes informáticas realizan diferentes xestións de investigación co obxectivo de parar este tipo de delincuencia, que xeralmente actúa en grupos criminais organizados.

Para evitar este tipo de estafas, os axentes recomendan: desconfiar das promesas de ganancias rápidas e sen riscos, cautela coas ofertas que chegan de forma inesperada, investigar a fondo antes de investir, en caso de sospeita consultar na Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), desconfiar de presións para investir rápido e protexer a información persoal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade