Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Raigame enche Vilanova dos Infantes de música popular e de oficios tradicionais

O Raigame enche Vilanova dos Infantes de música popular e de oficios tradicionais

Abriuse unha zona de gastronomía local na eira da reitoral e houbo obradoiros divulgativos por parte dos artesáns participantes na feira

G24.gal 17/05/2025 21:23

Oficios artesanais, gastronomía tradicional e moita música popular danse cita hoxe en Vilanova dos Infantes nunha nova edición da festa Raigame. Unha viaxe no tempo ás romarías doutra época.

Poucos xeitos hai mellores de mergulalrse na vida e cultura popular galegas que Raigame, a romaría das romarías, segundo din con orgullo so membros da asociación veciñal de Vilanova dos Infantes, organizadora desta feira, que fai xa vinte e dúas edicións. As cantareiras, como non, son figura central no programa deste ano xa que a música popular ten fonda ragiame tamén nas Terras de Celanova. Como novidade, abriuse un espazo na eira da reitoral para a gastronomía local, e pola tarde haberá obradoiros de oficios artenssanais, coma o dos zoqueiros, que volven poñerse de moda grazas ao pulo das novas xeracións.

Un cantar de cego para crear ambiente neste mergullo polas feiras antigas. Raigame non defrauda na evocación das romarías tradicionais galegas, onde todo se mesturaba e un atopaba de todo para a súa vida cotiá. Como unhas zocas, que volven poñerse de moda da man de novos artesanos.

Os oficios tradicionais atraen a atención dos milleiros de visitantes, que demostran a súa habilidade e bo facer. De todo podemos ver na feira, aínda que Vilanova é terra de zapateiros.

A música popular enche todos os recunchos desta vila medieval. Nesta ocasión as cantareiras son as protagonistas, con novas voces collendo a remuda.

Non hai romaría popular sen gastronomía local. Na eira da casa reitoral instalaron este ano os postos par o xantar. E mellor se é con pratos tradicionais coma este caldo verde feito ao pote, coma os de antes.

As novas xeracións son a clave de Raigame, as que poderán seguir mantendo en todos os tempos os nosos oficios e cantares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade