Fin de semana en busca tesouros no mercado pirata de Ferrol
Os postos de artesanía e as actuacións dos bandoleiros conseguiron atraer os visitantes a pesar da calor
O mercado pirata de Ferrol que esta fin de semana estivo instalado no peirao de Curuxeiras pecha destas horas as súas portas.
Desde o venres os asistentes que se achegaron aos postos de artesanía puideron descubrir, ademais, distintas atraccións de rúa e xogos para a cativada.
A bandeira pirata marca o territorio asaltado polos bandidos. O paseo da Mariña e mais o peirao foron durante a fin de semana o lugar de desembarco dos artesáns co permiso dos corsarios. Á venda, minerais con propiedades curativas, utensilios de cociña feitos de madeira, candeas ou especias orientais.
"Teño un cunco de cuarzo branco, e soa exactamente a 432 hertzs e con el recalibramos a enerxía dos minerais"
"A oliveira é unha madeira impermeable, non colle sabor, nin cheiro nin bacterias, entón está indicada para a cociña"
"Está ben atopar postos artesáns que poidas coller as especias ao peso. Está entretido, fan falla cousas así en Ferrol que está algo morto"
Os piratas non calcularon que a vaga de calor podía interferir nas vendas.
"Este ano está un pouco máis frouxo porque a temperatura non acompaña e aquí non é normal"
"Está sendo un pouco duro pero a xente está vindo e con moi boa actitude. A min paréceme que está moi ben montado, con moitas cousas para os nenos."
Bandidos ocultos, bailarinas de danza do ventre e bucaneiros de terra amenizaron esta xornada á beira do mar.