Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carreira ilegal de dous coches a máis de 200 km/h na autovía entre Ourense e Celanova

Carreira ilegal de dous coches a máis de 200 km/h na autovía entre Ourense e Celanova

A Garda Civil xa denunciou os dous condutores

A infracción ten unha sanción de 500 euros e a retirada de seis puntos do carné de conducir

G24.gal 15/05/2025 15:44

A  carreira ilegal foi na AG-31, que une as localidades ourensás de Rante, en San Cibrao das Viñas, e Celanova. Ocorreu o pasado 3 de maio, cando o Subsector de Tráfico da Garda Civil recibiu o aviso pola presenza de dous vehículos avariados na beiravía. Ao chegar, os axentes observaron estacionados a ambos os turismos. Os condutores relataron que un deles sufrira unha avaría e estaba a esperar a chegada do guindastre, mentres que o outro o acompañaba na espera.

Con todo, ante a sospeita de que estivesen involucrados nunha competición de velocidade, solicitouse o visionado das cámaras da autovía para verificar se se cometeu algún delito ou infracción. De tal forma, as imaxes desvelaron que ambos coches circularon en paralelo durante aproximadamente 700 metros. Un deles, ademais, foi captado a 204 km/h, polo que se puido concluír que estaban a disputar unha carreira.

Polos feitos descritos formuláronse boletíns denuncia cada un dos condutores por establecer unha competición de velocidade na vía pública sen estar autorizada, o que supón unha sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos do carné de conducir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade