Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home por roubar polbo e conservas en supermercados en Oleiros

Detido un home por roubar polbo e conservas en supermercados en Oleiros

O valor total do subtraído supera os mil euros

G24.gal 01/07/2025 09:35

A Garda Civil detivo en Oleiros o autor de múltiples furtos de polbo conxelado e conservas de alto valor en varios supermercados da área metropolitana da Coruña.

Segundo informou este martes a Garda Civil, a investigación iniciouse o pasado febreiro, ao recibir denuncias por varios roubos en supermercados.

O detido accedía aos establecementos cunha bolsa na que introducía os produtos subtraídos, principalmente polbo conxelado e conservas. O valor total do subtraído supera os mil euros.

A Garda Civil detivo o home, que xa conta cun amplo historial de antecedentes por feitos similares, nun supermercado de Oleiros, onde foi detectado cando cometía un dos furtos.

A investigación permanece aberta para determinar o posible destino dos produtos subtraídos, pois non se descarta que puidesen ser encargos realizados por terceiras persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade