Rouban dous cabalos e un remolque do club hípico de Verín
Os animais subtraídos son dous sementais de pura raza española, un deles está valorado en 30.000 euros pola súa pelaxe exclusiva
Entraron cun coche no club hípico de Verín e levaron nun remolque do recinto dous cabalos de importante valor económico e sentimental. Un dos animais está valorado en 30.000 euros por ter unha pelaxe exclusiva.
Dior, pura raza español de capa palomina da gandería Tres Lunas, ten tres anos e estaba no club hípico de Verín para domalo. A súa propietaria, Silvia Veiga, cría cabalos exclusivos tras a selección xenética. Este roubo para ela foi un duro pau.
Germánico é o segundo cabalo que roubaron. Outro semental de pura raza española valorado en 6 mil euros. O máis querido dos pequechos que acoden a este centro ecuestre para aprender a montar.
Os delincuentes meteron os dous cabalos nun dos remolques do club de hípica, quitáronlle as matrículas, enganchárono ao seu vehículo e fuxiron. Para entrar, forzaron a cancela do recinto.
Están convencidos de que os que cometeron o roubo sabían moito de equinos, porque levaron os máis apreciados. Só agardan que aparezan en bo estado.